Monday, April 16, 2007

Curtas na rede
O concurso está organizado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Secretaría Xeral de Comunicación e polo Consello da Xuventude de Galicia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible Compañía de Radiotelevisión de Galicia (programa Onda Curta), o Consorcio Audiovisual de Galicia, a Compañía R, e Blu:sens.

CANTO DURA?
Comezará o 14 de febreiro de 2007 e rematará o 15 de setembro de 2007

A QUEN VAI DIRIXIDO?
A todas as persoas interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia.
Establécense tres categorías:
Categoría A: de 15 a 22 anos
Categoría B: de 23 a 50 anos
Categoría C: de 51 en adiante
Constará como idade do/a participante a da persoa que dirixa a curtametraxe.

Non poden participar os empregados das entidade organizadoras e patrocinadoras nin os seus familiares directos; tampouco se poden presentar os empregados ou familiares directos de calquera empresa que participe baixo contrato na promoción ou na xestión técnica do concurso.

COMO ME PODO INSCRIBIR?
A inscrición é gratuíta e realízase a través do formulario na seguinte páxina web: www.curtasnarede.es. O prazo de inscrición está aberto dende o 14 de febreiro de 2007

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
A/s curtametraxe/s serán remitidas ben persoalmente ou por correo certificado ao Centro Multimedia de Galicia (R/ Hórreo, 61, 15702 Santiago de Compostela). O límite de entrega é o 15 de setembro de 2007.

No comments: