
Teatro Quartoescuro presenta unha nova montaxe, que se estreará o 25 de maio no Salón Teatro de Santiago dentro da mostra de teatro universitario da USC.
Con "Unha parella ideal" volven ao terreo da comedia, no que comezaran e que tantas satisfaccións lles trouxera, cunha historia aparentemente absurda, que fala das casualidades do cotián.
Ademais o 23 e 30 de xuño voltarán á casa que os viu nacer, o Teatro Principal de Pontevedra, onde a compañía se presentou por primeira vez ante o gran público con aquela comedia que seguro recordaredes con cariño: "Eu son un sernormal".
Unha parella ideal
venres 25 de maio, Salón teatro. Santiago de Compostela
23 e 30 de xuño en Pontevedra
www.quartoescuro.org
No comments:
Post a Comment