O Festival de cinema euro árabe 'Amal 007' proxectará dende o día 22 ata o 31 deste mes un total de 47 películas --30 curtametraxes, nove longametraxes e oito documentais-- co obxecto de que sirvan de "ponte de comunicación e entendemento" entre Galicia e a cultura árabe.
As sesións realizaranse na aula socio cultural de Caixa Galicia --Carreira do Conde 18, baixo-- ás 17.00, 19.30 e 22.00 horas, con curtametraxes, documentais e longametraxes, respectivamente.
O festival conta cun bono de dez sesións de 14 euros, en canto ao prezo das longametraxes e documentais é de dous euros e no caso das curtametraxes é dun euro, ambos os dous por cada sesión.
A organización subliñou que "tódalas producións" en forma de ficción ou documental teñen factura árabe ou posúen unha temática árabe, como a situación da muller, a inmigración, os dereitos humanos, o terrorismo, a música, o amor, entre outros.
De xeito paralelo ao festival de cinema realizarase a selección de películas videodocumentales 'From Middle East with love' --Desde Oriente Medio con amor--, no salón de actos da Facultade de Filosofía, Praza de Mazarelos. Ademais, na sala de do hotel Meliá Araguaney coa mostra de pintura de Jaber Alwan 'Colorist in wartime' --Colorista en tempos de guerra -- .
FONTE: Europa Press
FEstival AMAL: 22 ao 31 de outubro en SAntiago de COmpostela
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment