21 de decembro de 2006 - 28 de xaneiro de 2007
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), de balde.

Contos Dixitais: sacado de www.compostelacultura.org
Contos para ler, para ver, para escoitar, para tocar e para xogar. O CGAC presenta o seu máis grande proxecto expositivo desde o seu nacemento: ás pezas de arredor de cincuenta artistas, engádese un amplo programa de actividades que acolle ciclos de cine, programas de video, obradoiros e performances.
Os contos non son só cousas de nenos, acompañan ao ser humano durante toda a súa vida. A exposición que durante cinco semanas se poderá visitar no Centro Galego de Arte Contemporánea ten como eixe a idea destas historias curtas como ficción cunha dobre dimension: a lúdica e a moralizante. O comisario da exposición, Manuel Olveira, desexa tamén mostrar as multiples maneiras de artellar contos na era dixital.O conto invadirá literalmente o CGAC, xa desde a Porta do Camiño, a voz de Ugo Rondinone guiará ao futuro visitante ata a entrada do museo onde os contos, fábulas e fantasías pulularán por todo o espazo con forma de instalacións, murais, proxeccións e vídeo consolas.A performance 'Os profetas' abre un intenso programa de actividades para nenos e adultos, que se prolongará durante todo o mes con ciclos de cinema como Devoradores de imaxes ou Dentro do labirinto, con obradoiros como Da narración á imitación, con performances e videoinstalacións.

No comments:
Post a Comment